O proxecto Flora da Ulloa pretende abranguir as vertentes biolóxica (botánica), lingüística e mesmo etnográfica asociadas ao mundo das plantas, favorecendo a participación de persoas independentemente do seu grao de coñecemento previo.
Os obxectivos son os seguintes:
 – Elaborar un catálogo das plantas vasculares (fentos e plantas con flores) que se desenvolven espontáneamente (non cultivadas) na comarca da Ulloa.
– Recoller os nomes populares das distintas especies de plantas, un patrimonio cultural en vías de extinción.
 – Explorar a potencialidade da recollida de información para documentar os diferentes usos humanos tradicionais, pasados e actuais, das distintas especies de plantas (etnobotánica).
 – Potenciar a participación das persoas socias do IEU, así como doutras non asociadas, na elaboración dun proxecto colectivo.

Coordinador: Xurxo Mouriño
Contacto: floraulloa@ieu.gal

Formulario de recollida de datos.doc

Formulario de recollida de datos.pdf

Instrucións para recoller os nomes

Consellos para entrevistas
 

3ª Excursión Proxecto Flora Ulloa, Instituto Estudos Ulloánas

2ªexcursión Flora Ulloa, Instituto Estudos Ulloáns

1ª exc Flora da Ulloa, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn