Esculturas de Fermín del Amo

sam_4528

O Concello de Monterroso está procedendo a limpeza e barnizado das esculturas doadas polo escultor madrileño Fermín del Amo o IEU e está previsto que estean instaladas antes de fin de ano.

As esculturas, segundo desexo do escultor serán repartidas entre os tres concellos que integran a Comarca da Ulloa. A  cuarta quedará en exposición permanente na futura sede do IEU.

Cada unha de elas levará  unha placa indicando o título, o ano de realización e o texto “Escultura de Fermín del Amo, realizada na Ulloa para a Ulloa. Cedida a (Palas de Rei / Monterroso /Antas de Ulla) polo Instituto de Estudos Ulloáns” .

 

Os títulos son os seguintes:

-Escultura de Monterroso : “Heredero de tu desdicha”

-Escultura de Antas de Ulla : “El futuro y el presente, eternamente presente”

-Escultura de Palas de Rei : “A primeira pedra (marcas de cantería do Castelo de Pambre)

 

As fotos das pezas pódense consultar na nova publicada nesta web de data 30 de marzo de 2016 ou facendo click aquí.

sam_4522

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn