Fotografía e Audiovisual

O arquivo fotográfico, fonográfico e audiovisual do IEU está integrado por documentos procedentes de coleccións tanto de titularidade pública como privada que desexaron integrarse neste gran repositorio dixital aberto a todos e que ten a función de conservar, difundir e facer accesible a memoria da Comarca da Ulloa.

A pesar da escasa lonxevidade relativa deste tipo de documentos non son menos importantes que outros e, nalgúns contextos, poden selo mesmo máis. O seu arquivo e difusión buscan obter o máximo rendemento social e cultural contribuíndo á vertebración e coexión da nosa Comarca.

Agradecemos que contribúa a enriquecer este arquivo achegando documentos, fotografías, vídeos ou grabacións que esten no seu poder, dirixíndose ao noso correo electrónico. Cremos que satisfarán especialmente a aqueles descendentes de ulloáns que, por razóns por todos coñecidas, algún día tiveron que emigrar a outros territorios.

Todos os documentos desta páxina web serán publicados coa autorización dos propietarios dos dereitos de autor ou son de dominio público.En caso de erro comuníquenolo  para proceder a regularizar a situación.
A reprodución total ou parcial de todas e cada unha das imaxes deste arquivo requiren autorización previa.

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn