O escultor Fermín Del Amo doará tres pezas ao IEU

Fermín del Amo, escultor madrileño afincado en Palas de Rei, doará o IEU tres pezas da súa colección pàrticular. As pezas doadas forman parte dun total de dez que foron expostas no Castelo de Pambre baixo o título “A Caixa de Pedra” ao longo do verán de 2011. Por aquel entón a propiedade da fortaleza era da Institución Relixiosa Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres  e foi a primeira actividade cultural que se realizou no recinto amurallado.

Entre elas destaca a titulada “A primeira pedra” na que se reproducen a totalidade das marcas dos canteiros, inventariadas naquela data, que participaron na construcción do castelo.

 

Fermín del Amo de Laiglesia

Escultor nado en Madrid en 1951. Fillo do Enxeñeiro e Profesor da Escola de Delineación, Fermín del Amo Gili e de María Elena de Laiglesia, irmá de Alvaro de Laiglesia, escritor de éxito e impulsor xunto con Miguel Mihura da revista “La Codorniz”.

Á idade de trece anos ensambla pezas industriais creando os seus primeiros traballos escultóricos e deseña lámpadas con ferro procedente de materiais reciclados.

En 1973 empeza a inclinarse cara á pintura traballando sobre superficies planas, ás que adhire pezas e engrenaxes mecánicas e trapos de garaxe, próxima á “arte povera”. Nesa época a galería de Juana Mordó, empezou a interesarse pola súa obra. Tamén traballa como Axudante de Dirección na longametraxe de culto “Dous” (1980) do seu irmán Alvaro del Amo, quen anos despois foi o guionista da película “Amantes” de Vicente Aranda.

En 1978 retoma a escultura “tradicional”, traballando con ferro e cobre. Tamén comeza a interesarse polo deseño de mobiliario doméstico e a iluminación de interiores, alcanzando unha gran notoriedade os seus “candelabros” resultado de policromar o ferro con pintura esmaltada, logrando efectos de influencia “pop art”, representando espirais, inspiradas nos sinais das xeadarías, barberías e lambetadas da época.

A mediados dos noventa abandona Madrid e trasládase a vivir a Nombela, na provincia de Toledo, onde crea o “parque escultórico da urbanización El Encinar”, cuxas peanas foron deseñadas para ser soporte dos xóvenes grafiteros da provincia.

No 2006 trasládase a vivir a Galicia, buscando a tranquilidade da vida rural, onde segue o seu labor creativo na aldea de San Mamede do Carballal, en Palas de Rei (Lugo).

Fermín del Amo no Castelo de Pambre en xullo de 2011

Fermín del Amo no Castelo de Pambre en xullo de 2011

 

Fermin_del_amo_3

Esculturas de Fermín del Amo no Castelo de Pambre

 

“A primeira pedra” (Ferro oxidado 120 x 120 x 184)

“A primeira pedra” (Ferro oxidado 120 x 120 x 184)

 

Composición (Ferro oxidado e carballo 115 x 75 x 97)

Composición (Ferro oxidado e carballo 115 x 75 x 97)

 

Fermin_del_amo_1

Composición (Ferro oxidado e carballo 96 x 60 x 178)

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

3 Comentarios Responde

Magnífica nova. Gran xenerosidade a de Fermín.

Grazas polo agasallo

Esculturas de Fermín del Amo - Instituto de Estudos Ulloáns
7 Decembro, 2016 8:06 a.m.

[…] As fotos das pezas pódense consultar na nova publicada nesta web de data 30 de marzo de 2016 ou facendo click aquí. […]