O venres 18 de novembro pronunciouse o xurado do certame literario-pedagóxico sobre a poesía de Lorenzo Varela organizado polo Concello de Monterroso (Lugo) en colaboración co Instituto de Estudos Ulloáns (IEU).
O xurado, composto por Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, por Fernando Salgado García, Carlos Vázquez García e Gregorio Fente Ferreiro, filólogos e expertos na obra do poeta, por Miguel Rico Gómez, alcalde de Monterroso, por Francisco Pardo Teijeiro, representando ao IEU, e por Pilar Silva del Río (en funcións de secretaria), acordou conceder os correspondentes premios aos seguintes profesores e profesoras:
Sobre a poesía en galego:
1º premio.- Cristina Souto Diéguez.
2º Premio.- Ramón Nicolás Rodríguez.
3º Premio.- Esperanza Luz Mariño Davila.
Sobre a poesía en castelán:
1º Premio.- Patricia Arias Chachero.
Os premios entregaranse o sábado 3 de decembro no auditorio municipal de Monterroso durante a xornada de celebración do centenario do nacemento do poeta Lorenzo Varela. Envíolles o programa da xornada para remitir aos/ás profesores/as de Lingua galega e Lingua castelá interesados.
Agradecendo a súa atención, saúdalle
O director do Instituto de Estudos Ulloáns
Enlace á nova aquí: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/monterroso/2016/11/19/patricia-arias-cristina-souto-ganaron-certamen-poetico-lorenzo-varela-monterroso/0003_201611L19C6992.htm