Xeografía, arquitectura, urbanismo e paisaxismo

SECCIÓN DE XEOGRAFÍA, ARQUITECTURA, URBANISMO E PAISAXISMO

Coordinador: Rubén Lois González e Divina Pérez Viña

A Ulloa é unha comarca de 416 Km2 de extensión, que coincide coa conca alta do río Ulla. Aparece integrada polos concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei, que forman unha bisbarra natural. A mesma estémdese por terras con tendencia á planitude, situadas a 400-600 m. de altitude, e rodeada por todas as partes por cordais montañosos (O Careón, O Farelo, a Vacaloura e os Montes de Ligonde, todos eles integrados na Dorsal galega). Desde o punto de vista paisaxístico, topámonos diante dunha comarca de paisaxes da Galicia gandeira do interior. Ainda se conservan importantes extensións de vexetación autóctonas, con carnallos, castiñeiros e bidueiras como especies predominantes. A nivel humano, os núcleos cabeceira municipal son os máis importantes. Exercen de lugar central e espazo de celebración regular de feias e mercados. Desde o punto de vista urbanóstoco e patrimonial, sobresae a preservación das localidades atravesadas polo Camiño de Santiago, en particular a vila de Palas de Rei e as aldeas de Ligonde ou Meixide. O territorio desta bisbarra, as súas paisaxes agrarias ben conservadas e de domiante verde, e os espazos edificados con valor histórico, constitúen temas moi relevantes de estudo académico e de reflexión científica desde diversas ciencias sociais, como a xeografia, a arquitectura e a historia.

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn