Museo Etnográfico da Ulloa

SECCIÓN MUSEO ETNOGRÁFICO DA ULLOA

Coordinadora: María José Gómez Alvite

Figura entre os obxectivos do IEU a promoción da creación dun Museo Etnográfico na Ulloa, labor para o que se requiren grandes investimentos e tanto o apoio das Administra-cións locais, provincial e autonómica como de particulares. Non se trata de levantar museos ruinosos nin de proxectos baleiros, senón de construír un espazo de encontro, xustificado social e economicamente, que mostre a historia e a etnografía da Ulloa como testemuño dos modos de vida do pobo ulloán ao longo dos tempos e como afianzamento da súa propia identidade.

Estamos a falar dun museo relacionado coa arqueoloxía e a historia, mais dedicado principalmente a temas etnográficos: os oficios e as súas ferramentas (fiadeira, ferreiro, zoqueiro, cesteiro, oleiro, carpinteiro, zapateiro, canteiro, latoeiro…); as artes domésticas do téxtil, o proceso do liño e da la; os xogos e os xoguetes; os utensilios e mobiliario domésticos; os apeiros de labranza; os utensilios para a gandería, caza e pesca; a indumentaria; a elaboración do pan, do queixo; a matanza; os medios de transporte; os pesos e as medidas; as feiras e o comercio; a tradición oral; a música popular; as manifestacións da relixiosidade; a emigración; o agro tradicional e o novo agro…

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn