A comarca da Ulloa

A Comarca da Ulloa está situada no centro xeográfico de Galicia e engloba os municipios de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. Preséntase como un gran anfiteatro natural, rodeado polos rebordes montañosos da dorsal galega que a circundan e acolle o alto val do río Ulla e do seu afluente o Pambre que teñen aquí o seu nacemento. Tamén foi un lugar de paso de importantes vías e rutas como a Xacobea e está dotada dun gran patrimonio histórico-artístico

 

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn