Obxectivos, Estatutos, Memorias

Obxectivos do IEU

-Promover a investigación, o estudo e a divulgación cultural en todo o referente ao patrimonio natural, paisaxístico, histórico, artístico, arquitectónico, arqueolóxico, etnográfico, lingüístico, documental, bibliográfico, científico e técnico dos tres concellos que integran a Ulloa.

 -Fomentar a conservación e respecto polo patrimonio da Ulloa, tanto material como inmaterial, como ben cultural, natural e económico.

 -Contribuír, mediante as súas actividades, á apreciación da importancia da cultura propia e dos valores patrimoniais (cultural, natural e paisaxístico) no contexto territorial da Ulloa como elemento clave de afirmación da identidade comarcal e de cohesión social.

 -Asesorar e colaborar en proxectos de desenvolvemento rural sustentable baseados na relación entre cultura e natureza, en ámbitos como o turismo rural ou as empresas ecolóxicas.

 -Fomentar a defensa tanto dos valores tradicionais do agro como da tendencia ecolóxica e conservacionista do novo agro ulloán en canto nova cultura territorial xurdida dos cambios funcionais e de uso que os actuais tempos e a sociedade demandan.

 -Promover estudos e desenvolver actividades culturais en relación ao Camiño de Santiago.

 -Colaborar e compartir informacións con todos aqueles organismos e entidades culturais e educativas cuxos fins sexan compatibles cos propios, así como con institucións europeas, estatais, autonómicas, provinciais ou locais con intereses ou fins comúns.

 -Impulsar a creación do Museo Etnográfico da Ulloa.

 

Estatutos

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn