Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco

Foto6

Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Carlos parrado. Edita A Nosa Terra. Ano 2009.

Biografía de Ramón Rodríguez Varela, ao que o topónimo da aldea de Palas de Rei onde se criou de mozo lle valeu o alcume de Curuxás, que tamén afonda no movemento das guerrillas antifranquistas na zona de A Ulloa e da Terra de Melide.

Curuxás naceu en Vilouriz (Toques) en 1905. Fillo de labregos, marchou cos seus pais vivir a Pambre, en Palas de Rei, polo 1916. Era un home moi grande, e famoso xa na súa mocidade polas leas nas que se metía. Casou con Marcelina Costa, coa que tivo seis fillos. A súa conciencia política foise formando nos seus sucesivos empregos como obreiro primeiro na Sionlla, preto de Santiago, e despois en Boal, Asturias. Tivo relación con Portafondón, que organizou unha sociedade agraria, e afiliouse a un sindicato da CNT cando traballaba na mina de Lousame. Participou nalgunha das actividades de resistencia contra o golpe franquista, na Coruña, no 1936, polo que tivo que botarse ao monte cando a Garda Civil foi por el. Foi un dos protagonistas dun sonado atraco na mina. Pero sempre conseguiu fuxir. Vivía entre o monte, a súa casa e as dos veciños que o acollían. Mudaba constantemente de acubillo, e só saía cando non había perigo: de noite, sobre todo. Solicitáballes axuda económica aos máis ricos, e recibía tamén a dos menos acomodados. A cambio, axudábaos na casa ou facíalles regalos aos seus fillos. Foi máis admirado que temido.

Máis info: http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/guerrilleiro-franco-non-cazou/idNoticia-403144/

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *