Escolas Indianas

En pleno funcionamento, reempregadas ou abandonadas, as escolas indianas forman parte, dende comezos do pasado século, da paisaxe galega. A comarca da Ulloa non quedou ao marxe desta tendencia, e conta hoxe en día con tres marabillosos exemplos destas singulares edificacións.

Estas escolas indianas da Ulloa agroman froito da determinación filantrópica da Sociedad de Instrucción y Recreo Monterroso, Antas y Palas de Rei (no 1922, a maioría dos asociados, que eran orixinarios de Palas de Rei, decidiron marchar e a sociedade pasou a denominarse Monterroso y Antas de Ulla ). Institución que agrupou, na capital da illa caribeña de Cuba, aos emigrantes ulloáns que sentían a necesidade de manter viva a presenza da terra mai nas súas vidas. Alén de conservar este vencello, estes colectivos canalizaron as inquedanzas socioculturais de moitos dos seus membros. Exemplo disto foi o esforzo por fornecer aos seus lugares de orixe dunhas institucións educativas semellantes ás que atoparon nos países de acollida, que paliasen as carencias por eles sufridas (que foran, en parte, causa do seu desterro) e que evitasen que a xuventude se unise á sangría migratoria.

 

Enlaces:

Casa-escola de Gradoi: http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/?escola=Casa-escola+de+Gradoi

Escola de San Miguel de Penas: http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/?escola=Escola+de+San+Miguel+de+Penas

Escola de Meixide: http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/?escola=Escola+de+Meixide

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn