Excursión botánica ao Monte da Vacariza e á ribeira do río Seco (19-marzo-2023)

O domingo 19 de marzo, organizada polo biólogo Xurxo Mouriño, coordinador do proxecto Flora da Ulloa, terá lugar a excursión botánica á contorna da aldea da Vacariza, limítrofe coas Terras de Melide, un territorio de substrato xeolóxico serpentinítico do máis alto valor botánico. Camiñarase pola ribeira do río Seco e no chamado Monte da Lagoa, onde existe un encharcamento natural.
   Na foto do cartel unha crucífera enana, endémica das montañas do NW ibérico, que en Galicia só se encontra nalgúns afloramentos serpentiníticos desta zona máis en Pena Trevinca, e que quizais xa estea en flor; o mesmo que a herba de namorar Armeria merinoi, unha das xoias destas serpentinas, xa que en todo o planeta só se encontra en moi escasos puntos destas serpentinas. Ambas plantas ameazadas, que aumentarían seu risco de extinción se se chega a consolidar a transformación industrial pretendida por Altri..
Despídese con esta excursión o inverno e dase paso á primavera, época central das excursións botánicas do IEU.
Excursión Flora da Ulloa 4ª 2023, 19-3-2023, Monte da Vacariza, Instituto de Estudos Ulloáns Vacariza
ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn