Excursión botánica ao Monte de Basadre (endemismos da zona sepentinítica do centro de Galicia) 13/9/2020

O domingo 13 de setembro de 2020, dentro do proxecto Flora da Ulloa coordinado polo biólogo Xurxo Mouriño, realizaremos unha excursión botánica ao monte de Basadre, incluídas ribeiras dos ríos Ulla e Seco, onde conflúen as provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

Falamos do lugar de maior interese botánico da Ulloa, moi destacado no contexto galego e moi relevante a nivel ibérico. Setembro é epoca de floración da margarida Aster aragonensis (foto do cartel) e tamén da menos chamativa umbelífera Seseli montanum subsp. peixotoanum, ambos endemismos ibéricos que en Galicia só se encontran nas serpentinas do centro de Galicia e en Trevinca. Ademais, veremos os endemismos exclusivos destes asomos serpentiníticos ( Santolina melidensis, Armeria merinoi…) e outro bon número de plantas que na Ulloa so poderemos atopar aqui, se ben a maior parte delas xa non contan con flores nestas datas. Completaremos coa rica flora forestal, acuática e pratense das ribeiras do Ulla próximas.

 

Excursión Flora da Ulloa 05-20 Monte de Basadre, Instituto de Estudos Ulloáns, IEU

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn