HOMENAXE Á FAMILIA OURO EN PALAS DE REI

O sábado 14 de abril o Instituto de Estudos Ulloáns organizou en varios escenarios de Palas de Rei, unha homenaxe á familia Ouro, influínte familia ulloana que deu catro alcaldes ao concello de Palas no primeiro terzo do século XX. Impulsora do republicanismo na Ulloa, esta familia foi represaliada na ditadura franquista, tempo no que foron recluídos na cárcere de Lugo o notario José Ouro Arias, os seus cinco fillos e o seu primo Manuel Vázquez Ouro, último alcalde republicano.

6

Comezou a homenaxe no patio de armas do castelo de Pambre cunhas palabras dedicadas a Manuel García Blanco, membro tamén da familia Ouro, tras a que se celebrou un xantar de convivencia.

 

Pola tarde visitouse a Casa Grande de Leilón (Palas de Rei), solar dos Ouro e escenario de xuntanzas, primeiro monárquicas e despois republicanas, na que foron asiduos visitantes Manuel Azaña e Casares Quiroga.

10

20

A continuación, realizouse unha visita a Palas de Rei, guiada polo historiador Xulio Pardo de Neira, na que puxo de relevo a pegada dos Ouro no urbanismo da vila.
24

Finalizou a xornada cun acto na sala de conferencias do centro comarcal Ulloa de Palas de Rei no que foi presentado o libro de Xulio Pardo de Neira “Da fidalguía á república…”, coas intervencións do autor, de Francisco Pardo (director do IEU), de Carlos Parrado (autor do libro “Curuxás, o guerrilleiro que non matou Franco”) e de Pilar García Porto (Delegada de Cultura da Deputación de Lugo). O acto foi acompañado cun recital dos poetas chantadinos Xosé Lois e Paco Ledo e polo grupo musical “Comando Curuxás”, que interpretou, por primeira vez en Galicia despois de moitos anos silenciado, o “Himno á Galicia republicana” do músico lucense Gustavo Freire.

SAM_6639SAM_6637
26

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn