Localización do Centro Xeográfico de Galicia
Membros do IEU sinalando a localización definitiva do Centro Xeográfico de Galicia
A instancia do Instituto de Estudos Ulloáns, o Instituto Geográfico Nacional (IGN), institución dependente do Ministerio de Fomento, emitiu un informe oficial no que localiza científica e definitivamente o Centro Xeográfico de Galicia, do que sempre se tiveron informacións contraditorias.
O IGN xa fixera outras medicións hai anos, o mesmo que os xeógrafos da USC. En todas elas se localizaba o Centro Xeográfico de Galicia na contorna da aldea de Nugallás, parroquia de San Fiz de Amarante, Antas de Ulla, pero non se daba unha localización exacta e definitiva.
O Instituto Geográfico Nacional, no seu informe, asinado por Pablo Carballo Cruz, director do Servizo Rexional do IGN, sitúa definitivamente o Centro Xeográfico de Galicia en:
(coordenadas xeográficas ETRS89)
7º 54´ 38,99´´ W
42º 45´ 25,15´´ N
punto localizado na finca particular denominada O Toxal da Revolta, na aldea de Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante, no concello de Antas de Ulla, na comarca da Ulloa.