Los Pazos de Ulloa

Foto1

En 1985 estrenouse unha serie de TV de catro episodios dirixida por Gonzalo Suárez que é unha fiel adaptación de dúas novelas de Emilia Pardo Bazán (“Os pazos de Ulloa” e “A nai natureza”). A trama xira en torno ao marqués de Ulloa, un cacique da Galicia rural de 1880, e a un conxunto de personaxes cuxa vida se verá alterada pola visita dun cura.

Foi rodada en Santiago de Compostela, Pazo de Gondomar, Ponteareas, Tui e nos Estudos Luís Buñuel de Madrid. O 29 de abril de 2009 a serie foi reestreada na páxina web de Radio Televisión Española onde se poden ver íntegros todos os capítulos e de forma permanente e gratuíta. http://www.rtve.es/television/pazos-ulloa/

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn