O IEU solicita que se lle dedique unha rúa a Marisol Soengas
É frecuente na Ulloa dedicar en vida unha rúa a persoeíros destacados no seu ámbito profesional ou que fixeron unha grande aportación ao desenvolvemento social, económico ou cultural locais.
A historia dos pobos defínena os seus habitantes, persoas que co seu traballo e a súa entrega debuxaron os trazos que caracterizan a cada comunidade. En Antas de Ulla non todos os habitantes puideron quedarse a traballar no concello, moitos deles tiveron que saír da comarca para estudar e progresar, e destacaron en moi diferentes profesións, mais nunca esqueceron o seu berce.
É o caso da científica de renome internacional Marisol Soengas, membro dunha tradicional familia seoanesa e con vínculos de residencia en Antas de Ulla. Discípula de Margarita Salas, coma ela destaca pola súa infatigable entrega á Ciencia, o seu tesón, a súa honestidade, a súa gran humanidade, e por esa dose de humildade que caracteriza ás grandes científicas da historia, calidades que a fan merecedora de todo tipo de recoñecementos, e moito máis por parte da súa veciñanza.
Por estas razóns o Instituto de Estudos Ulloáns, por iniciativa de Hilda Garcia Cabanas, solicitou ao Concello de Antas de Ulla que lle sexa dedicada unha rúa nesta vila á científica de orixe seoanés Marisol Soengas, como recoñecemento ao seu labor científico de prestixio internacional.
Notas biográficas de Marisol Soengas
Marisol Soengas con Margarita Salas