O Instituto de Estudos Ulloáns en Monumenta 2018

Instituto de Estudos Ulloáns en Monumenta 2018 2

Francisco Pardo (IEU), Marta Becerro (Monumenta), Mª José G. Alvite (IEU), Julio Gómez (Monumenta) e  Francisco de Romualdo na presentación da andaina

O sábado 25 de agosto de 2018 o Instituto de Estudos Ulloáns participou na andaina “Emilia Pardo Bazán e os Pazos de Ulloa” do programa MONUMENTA 2018 da Xunta de Galicia. O obxectivo da andaina era percorrer un tramo do antigo camiño real coñecido como “Vieiro de Pambre ou Camiño de Monforte á Coruña”, dende a casa de Laxe (Pidre, Palas de Rei) ata o castelo de Pambre, cun percorrido de 8 Km que tivo que acondicionar o Concello de Palas de Rei dado o abandono dalgúns camiños.

A saída efectuouse as 10,30 h. na igrexa románica de San Miguel de Coence, onde, despois da presentación de Julio Gómez, interveu a historiadora do IEU María José Gómez Alvite, deseñadora da andaina, que explicou as características desta igrexa, exemplo do románico rural, e a importancia do camiño real. Acompañouna Francisco do Romualdo, interpretando maxistralmente coa zanfona o romance de D. Gaiferos.

Despois de dúas paradas, con intervencións de Francisco Pardo, do IEU, explicando a relación da obra de Emilia pardo Bazán co percorrido polo corazón da Ulloa, a través do que foi o antigo señorío da Ulloa, os visitantes chegaron á ponte medieval de Pambre, onde agardaban o biólogo Xurxo Mouriño, socio do IEU, que falou da flora e fauna da Ulloa, e de Francisco de Romualdo que, en relación coa explicación sobre a natureza, interpretou o romance de San Antonio e o milagre dos paxaros.

Xa ao pe do castelo de Pambre, Francisco Pardo falou sobre a familia Ulloa, e unha vez dentro do segundo recinto, o arqueólogo Santiago Vázquez Collazo explicou o estado das escavacións realizadas na recente rehabilitación do castelo.

Instituto de Estudos Ulloáns en Monumenta 2018 3 Francisco do Romualdo na ponte medieval interpretando coa zanfona romances de cego

Instituto de Estudos Ulloáns en Monumenta 2018 5

O biólogo Xurxo Mouriño, xunto á ponte medieval do río Pambre, falando da flora e fauna da Ulloa

Instituto de Estudos Ulloáns en Monumenta 2018 6O arqueólogo Santiago Vázquez explicando as características do castelo de Pambre

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn