O PROXECTO LUGARES NO CASTELO DE PAMBRE (17-19 de abril de 2023)

O Proxecto lugares desenvolveuse do 17 ao 22 de abril de 2023, nunha primeira fase cun seminario no castelo de Pambre (Palas de Rei) e nunha segunda con talleres nas covas de Seadur (Larouco, Valdeorras).

Con este proxecto, que está apoiado pola Axencia Turismo de Galicia e pola Fundación “La Caixa”, preténdese analizar e propor intervencións paisaxísticas e arquitectónicas sostibles, con materiais naturais e de proximidade e en colaboración coas comunidades locais, que permitan poñer en valor e transformar o espazo público do Camiño de Santiago.  Fundaméntase na arquitectura da paisaxe, a artesanía e o deseño, coas comunidades locais do territorio polo que pasa o Camiño, cunha perspectiva ambiental, sostible e inclusiva.

O Proxecto Lugares foi presentado no castelo de Pambre, o 22 de marzo, por Nava Castro, directora da Axencia de Turismo de Galicia; Susan Santos, responsable da Fundación ”la Caixa” en Galicia; Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei, e Natalia Balseiro, directora do proxecto.

20230322 Proxecto Lugares 2

20230322 Proxecto Lugares 1Presentación do Proxecto Lugares no castelo de Pambre. De esq. a der.: Natalia Balseiro, directora do proxecto; Susan Santos, responsable da Fundación ”la Caixa” en Galicia; Nava Castro, directora da Axencia de Turismo de Galicia; Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei; Braulio Vilariño, coordinador de exposicións do IEU, e Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns.  © Rubén Vilanova.

O luns 17 de abril tivo lugar o primeiro encontro dos participantes ao seminario cunha visita ao castelo de Pambre guiada por Francisco Pardo e Braulio Vilariño, directivos do Instituto de Estudos Ulloáns.

20230417 Proxecto Lugares © Rubén Vilanova 9

20230417 Proxecto Lugares © Rubén Vilanova 13

20230417 Proxecto Lugares © Rubén Vilanova 19

20230417 Proxecto Lugares © Rubén Vilanova 22

20230417 Proxecto Lugares © Rubén Vilanova 30Visita ao castelo de Pambre guiada por membros do Instituto de Estudos Ulloáns. © Rubén Vilanova.

O martes 18 de abril comezou o seminario coas intervencións de José Manuel Andrade (director da Fundación Juana de Vega) co relatorio “Camiño de Santiago e desenvolvemento rural, un percorrido pola transformación do territorio a partir do Camiño de Santiago”; Paola Sangalli (bioenxeñeira e paisaxista) con ”Pensar a paisaxe desde unha perspectiva contemporánea”; Amparo Moroño (mediadora cultural) con “A mediación como ferramenta para o acompañamento das intervencións arquitectónicas, paisaxísticas e artísticas contemporáneas no espazo público”; e a presentación da peza de vídeo do estudio Miramemira “Que precisan do espazo público as persoas peregrinas durante o Camiño de Santiago?”.

Seguidamente Anatxu Zabalbeascoa (xornalista e historiadora da arte) dirixiu a conversa con Paola Sangalli (paisaxista), Inés Rir (artesá), Maé Durant (arquitecta e mediadora) e Uqui Permui (deseñadora) en torno ao tema Intervencións arquitectónicas, paisaxísticas e artísticas contemporáneas no espazo público do Camiño de Santiago. Achegamentos, referencias, técnicas e perspectivas desde as diferentes linguaxes da arquitectura, da artesanía, da paisaxe e do deseño.

20230418 Proxecto Lugares - Martes 18 13De esq. a der.: Anatxu Zabalbeascoa, Paola Sangalli , Inés Rir, Maé Durant e Uqui Permui. © Rubén Vilanova.

Continuou o seminario coas conversa de Ariadna Cantis (comunicadora e arquitecta), Carlos Pita (arquitecto), Pedro Calaza (director da Escola Galega de Paisaxe Juana de Vega), e Paola Sangalli (paisaxista), Intervencións sostibles da arquitectura da paisaxe no Camiño de Santiago. Achegamentos ao patrimonio desde a arquitectura.

De Ana Amado (arquitecta), Izaskun Chinchilla (arquitecta), Carlos Seoane (arquitecto), e Verónica Moar (artesá). Intervencións sostibles da arquitectura da paisaxe no Camiño de Santiago. Linguaxes, escalas, materiais. Un camiño cara á sostibilidade.

E de Ariadna Cantis (comunicadora e arquitecta), Estelle Jullian (artista), María Fandiño (arquitecta), Julia de la Cal (artesá). Intervencións sostibles da arquitectura da paisaxe no Camiño de Santiago. Intervencións situadas, conexión co territorio e coas comunidades locais.

20230419 Proxecto Lugares en Palas de Rei © Uqui Permui 9 (1)© Rubén Vilanova.

Finalizados os relatorios, realizouse unha visita á Casa da Reboreda, no complexo de ecoagroturismo Arqueixal (Santiago e Albá, Palas de Rei) creado por Luis Valín. O xantar tivo lugar no Balneario Rio Pambre e a cea en Parada das Bestas, dirixida pola restauradora María Varela. Todos eles son socios do Instituto de Estudos Ulloáns.

A sesión do mércores 19 de abril iniciouse coa “Presentación de proxectos de boas prácticas de arquitectura, deseño, artesanía e paisaxe”, conversa de Maé Durant co arquitecto Carlos Seoane, que presentou as súas obras O’Banco do Piñeiro e Lavadoiro de Ribeira; o arquitecto Carlos Pita, co proxecto Centro de Interpretación de Castromaior; a ceramista Verónica Moar, coa Instalación site-specific Porto de A Coruña; e o artesán monterrosino Santiago Besteiro, co proxecto Chantos.

20230419 Proxecto Lugares en Palas de Rei © Uqui Permui 1De esq. a der.: Maé Durant, Carlos Pita, Carlos Seoane, Verónica Moar e Santiago Besteiro. © Rubén Vilanova.

Seguida da “Presentación de proxectos de boas prácticas”, introducida pola arquitecta Ariadna Cantis e na que interviñeron a arquitecta e paisaxista María Fandiño con Explanada no horizonte; a deseñadora Estelle Jullian, co proxecto El Hilo no Camiño Primitivo; a artesá Julia de la Cal, con Cabanas e iglús de vimbio; e a deseñadora Amalia Puga co Proxecto Entre Redes.

Tras as conclusións finais resumidas por Natalia Balseiro, a despedida do seminario no castelo de Pambre correu a cargo de Paloma Vázquez, responsable da área de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo.

20230419 Proxecto Lugares en Palas de Rei © Uqui Permui 10Paloma Vázquez (esq.), responsable da área de Turismo, e Natalia Balseiro, directora do Proxecto Lugares. © Rubén Vilanova.

Do xoves 20 ao sábado 22 de abril o programa do Proxecto Lugares continuou cos talleres desenvolvidos nas covas de Seadur, en Larouco (Valdeorras, Ourense).

20230419 Proxecto Lugares en Seadur © Rubén Vilanova 2

20230420 Proxecto Lugares - Taller en Seadur © Rubén Vilanova 7

20230421 Proxecto Lugares en Seadur © Rubén Vilanova 64

20230421 Proxecto Lugares en Seadur © Rubén Vilanova 57

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn