Presentación de Cairón nº 5 en Monterroso (30/10/2021)

O sábado 30 de outubro de 2021 foi presentado en Monterroso, no salón de actos do Centro Sociocultural,o quinto número da revista Cairón, Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns.

Na presentación, que estivo integrada na programación da Feira de Santos, interviron Rocío Seijas, alcaldesa de Monterroso; o xornalista Daniel Salgado, director de Cairón; Francisco Pardo Teijeiro, director do Instituto de Estudos Ulloáns; o xornalista Fernando Salgado; e os poetas José Carlos Ulloa, Martiño Maseda e Adolfina Mesa.

Cairón nº 5 abrangue una ampla temática centrada sempre na comarca da Ulloa, como son os artigos: “Cara a unha Ulloa agropolitana. O cooperativismo”, de Adrián Gallero Moreiras; “A Ulloa: a actividade agraria, entre o produtivismo e pos produtivismo”, de Rubén Camilo Lois-González; “Achegas á simboloxía do románico de Palas de Rei”, de Xosé Lois García; “O entroido en Casa de Naia e San Xusto”, de Patricia Coucheiro; “Os mesados fronte a casa de Álvarez”, de Francisco Xabier Louzao Martínez; ”Catálogo aberto da fauna de vertebrados da Ulloa”, de Xurxo Mouriño, Sandra Goded, Cristina Varela Cadahía e Celso Luís García Porto”; “Lilí. Araceli Herrero Figueroa”, de Adela Figueroa; “Memoria dun episodio agrarista: o cura Luna, párroco de Santa Cristina de Areas (Antas de Ulla), 1921”, de Xulio Cuba Orosa; “Primeiras escolas e primeiros mestres da Ulloa”, de Fernando Salgado; e “O 125 aniversario da banda de música de Antas de Ulla”, de Xosé Luís Santiso. Na sección de creación literaria, conta cos poemas de Ana Moure Soengas, José Carlos Ulloa, Paco Ledo, Martiño Maseda e Adolfina Mesa.

A presentación de Cairón nº 5 na prensa

“Cairón, o foro da cultura ulloá”. El Progreso (31/11/2021)

Índice de Cairón nº 5 en pdf

Presentación Cairon 5, Concello de Monterroso, Instituto de Estudos Ulloáns

De esq. a dereita: Martiño Maseda, Fernando Salgado, Francisco Pardo, Rocío Seijas, Daniel Salgado e José Carlos Ulloa.

 

Presentación de Cairón 5, Monterroso, Instituto de Estudos Ulloáns

Intervención da poeta e pintora Adolfina Mesa.

Presentacion Cairon 5, Monterroso, Instiuto Estudos Ulloáns

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn