O Instituto de Estudos Ulloáns e Tesmenteira no castelo de Pambre no Día das Letras Galegas (17/5/2022)
O Día das Letras Galegas foi celebrado polo Instituto de Estudos Ulloáns e a Asociación Tesmenteira na sala dos mestres canteiros do castelo de Pambre o 17 de maio de 2022.
No acto, coordinado por Braulio Vilariño, interveu en primeiro lugar Francisco Pardo, director do IEU, cunha charla sobre o exilio á Arxentina e/ou a México dos poetas Luis Seoane, Lorenzo Varela e Florencio Delgado, aos que lles adicaron en diferentes anos o Día das Letras Galegas.
A continuación, María Xosé Gómez Alvite e Aldara García Gómez recitaron o poema de Florencio Delgado Gurriarán Ahí ven o maio. María Xosé Gómez Alvite presentou o libro ANTAS DE ULLA NO CENTRO XEOGRÁFICO DE GALICIA. editado polo IEU con financiación da Área de Turismo da Deputación de Lugo e coordinado polas dúas autoras, no que paticiparon máis de 20 socios e socias do IEU.
Seguidamente Braulio Vilariño recitou os poemas de Lorenzo Varela: Ofrenda a los franceses, Tenía un camarada e Romería.
De esq a der.: Francisco Pardo, Braulio Vilariño, María Xosé Gómez Alvite e Aldara García Gómez
Finalizou o acto coa actuación musical do grupo de voces femininas da Asociación Tesmenteira (Patricia Coucheiro, Erica García, Beatriz García, Pilar Naveira e María Bouzas) que interpretaron, acompañadas ao piano por Aldara García Gómez, os CANTOS DA ULLOA recollidos pola propia asociación e por Manuel Vila Vila, con transcripción musical de Bruno Villamor, e que o Instituto de Estudos Ulloáns publicou no libro Antas de Ulla no centro xeográfico de Galicia.
Teclado: Aldara García Gomez. Voces: Beatriz García, Erica García, Patricia Coucheiro, Pilar Naveira e María Bouzas.