3ª Asemblea Xeral do IEU
Na tarde do sábado 17 de febreiro, cunha notable asistencia de socios, O IEU celebrou, na sede administrativa de Monterroso (A Ulloa), a súa 3ª Asemblea Xeral ordinaria, na que se aprobou un ambicioso plan de actividades para o ano 2018. Aprobáronse tamén as contas anuais e a memoria de actividades do ano 2017 que se adxunta como PDF.
Decidiuse, igualmente por unanimidade, dedicar a sala de exposicións da sede do IEU ao pintor, cartelista, historiador e poeta monterrosino Antonio Yebra de Ares, sobre cuxa obra se proxecta unha exposición para os próximos meses.