Inauguración no castelo de Pambre da exposición de Menchu Lamas “Vieros da Cor” (3-7-2021)
O sábado 3 de xullo de 2021 tivo lugar no castelo de Pambre a inauguración da exposición de Menchu Lamas Vieros da cor, que permanecerá instalada ata o 4 de setembro.
Interviñeron na inauguración Braulio Vilariño, coordinador da exposición e responsable da sección de exposicións do IEU; a pintora Menchu Lamas; Francisco Pardo Teijeiro, director do Instituto de Estudos Ulloáns, e finalmente o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada.
Ao finalizar o acto o Hotel Balneario OCA Río Pambre, socio protector do IEU, ofreceu un aperitivo na terraza do castelo.
Descargar video da exposición de Menchu Lamas Vieros da cor
Novas EFE (video Menchu Lamas)
Nas fotografías (de esquerda a dereita): Francisco Pardo, Menchu Lamas, Pablo Taboada e Braulio Vilariño.