Torrentes de Mácara
Esta ruta ten unha gran beleza natural, e cambia fascinantemente según a estación do ano na que decidas camiñala. Comeza en Palas de Rei en dirección a Antas, para chegar debemos pasar por Gundiá e Albá. Unha vez pasado Pidre seguiremos para Chorexe en dirección a Frádegas, onde atoparemos un antigo balneario, cuxas augas sulfurosas teñen un recoñecido prestixio.
Proseguimos o noso camiño pola beira esquerda do río Ulla, atravesando prados e bosques, para cruzar posteriormente para a outra beira. Aquí atoparemos os torrentes de Mácara ou rápidos. Está e unha das maneiras de chegar, pero non é a única.