Aprazado o Taller de pintura ao aire libre (Casa das Augas, Frádegas 23/8/2022)

O martes 23 de agosto de 2022 terá lugar o Taller de Pintura ao Aire Libre impartido polo socio do IEU Andrés G. Shuttleworth, pintor asentado na Ulloa que participou en publicacións e exposicións organizadas polo Instituto de Estudos Ulloáns na sala do castelo de Pambre (Paisaxes de Antas de Ulla, 2020 http://ieu.gal/sala-2-castelo-de-pambre/;  Exposición colectiva A Arca de Pedra, 2022 http://ieu.gal/exposicions/sala-1-castelo-de-pambre/; Ilustracións de paisaxes da Ulloa no libro Antas de Ulla no Centro Xeográfico de Galicia, 2022 http://ieu.gal/libros/).

O Taller de Pintura ao Aire Libre, unha iniciación á percepción tonal, está destinado preferentemente a socios e socias do IEU e desenvolverase durante todo o día, a partir das 11 h., na Casa das Augas, en Frádegas, un dos espazos culturais máis suxestivos da comarca da Ulloa.  Ver OBXECTIVOS e PLANIFICACIÓN do Taller .

A Casa das Augas é un proxecto artístico do dinamizador cultural e coordinador de exposicións do IEU, Braulio Vilariño, que recuperou as ruinas dunha casa de labranza para darlle un novo uso e unha nova vida sen rehabilitacións descontextualizadoras, e que define como “Soñar, difundir e respirar a arte na natureza. Ese é o obxectivo. A palabra, o son, a forma, todo nun espazo natural á beira do Ulla, que nace, corre e se expande dende o centro de Galicia”  (Máis información sobre a Casa das Augas)

 

Aprazado o Taller de pintura ao aire libre, Casa das Augas, Instituto de Estudos Ulloáns, 23-8-2022

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn