Visita á Ulloa do Ateneo Atlántico de Vigo (26/4/2025)

O sábado 26 de abril de 2025 recibimos na Ulloa a visita de socios e socias do Ateneo Atlántico de Vigo interesados en coñecer tanto o patrimonio da nosa comarca, especialmente o que se vería afectado pola instalación dunha fábrica de pasta de celulosa en Palas de Rei, como a súa realidade socioeconómica e o seu potencial turístico.

A visita, organizada polo directivo do Instituto de Estudos Ulloans Braulio Vilariño, iniciouse no castelo de Pambre, en Pals de Rei, onde Francisco Pardo, director do IEU, explicou a historia do castelo e da familia Ulloa e as características arquitectónicas do mesmo.

Seguidamente visitouse a igrexa de San Salvador de Vilar Donas, con explicacións históricas do Priorato de Vilar de Donas e a súa relación coas familias nobres da comarca e coa Orde de Santiago e arquitectónicas do antigo mosteiro e da igrexa románica de San Salvador.

Pola tarde, María Álvarez Quintero recibíu amablemente aos visitantes na Granxa Maruxa, en Cumbraos, Monterroso, un premiado exemplo de granxa de vacuno de produción ecolóxica, invitándoos a percorrer as súas instalacións e a “carballeira das mulleres”, na que cada carballo centenario está dedicado a unha muller de relevancia na comarca. Na tenda da Granxa Maruxa tiveron ocasión de probar os produtos cosméticos de Muulloa, elaborados con soros ecolóxicos da granxa e extractos de plantas medicinais na zona.

Finalmente, desprazáronse ao complexo de ecoagroturismo de Arqueixal, en Santiago de Albá, Palas de Rei, onde Luis Carrera agardaba aos visitantes para enseñarlles as instalacións e os produtos elaborados na súa queixería, especialmente os famosos queixos da Ulloa.

 

Ateneo Atlántico Vigo, Instituto de Estudos Ulloáns, castelo de Pambre, Palas de Rei

Ateneo Atlántico Vigo, Instituto de Estudos Ulloáns, visita ao castelo de Pambre

 

Ateneo Atlántico Vigo, Instituto de Estudos Ulloáns, castelo de Pambre

 

Ateneo Atlántico Vigo, Instituto de Estudos Ulloáns, Vilar de Donas

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn