Presentación de Cairón 8 en Monterroso (10/5/2025)

O sábado 10 de maio ás 12,00 h foi presentado en Monterroso, na biblioteca do Instituto de Estudos Ulloáns (Rúa Mestre López Losada, 5) o  número 8 da revista Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns.

Interviñeron na presentación Fernando Salgado, xornalista; Rubén Lois González, catedrático de Análise Xeográfica Rexional da Universidade de Santiago; e Francisco Pardo Teijeiro, director do IEU.

Dentro do apartado “O CONFLITO DE ALTRI”, Rubén Lois González publica en Cairón nº 8 o artigo titulado “O confronto de dúas xeografías: o espazo banal e de recursos fronte ao espazo vivo e de resistencia no conflito de Altri”, e Francisco Pardo o artigo “A paisaxe emocional do Camiño de Santiago na Ulloa”.

E no apartado “HISTORIAS” Fernando Salgado o publica o artigo “Xénese e consolidación dos concellos constitucionais da Ulloa”.

Ao rematar o acto os asistentes iniciaron un ameno debate cos presentadores da revista.

Índice de Cairón 8

Máis información

Cairón 8, Monterroso, IEUDe esq. a der.: Fernando Salgado, Rubén Lois e Francisco Pardo

 

Cairón 8, Monterroso, Instituto de Estudos Ulloáns

Cairón 8, Monterroso, Instituto de Estudos Ulloáns, IEU

 

Cairon 8 Monterroso web

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn