Presentación de Cairón 8 en Antas de Ulla (10/5/2025)

O sábado 10 de maio ás 18 h foi presentado o número 8 da revista Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns na Casa da Cultura de Antas de Ulla.

Presidiu o acto a alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto e presentou o acto Xosé Luís Santiso, directivo do IEU. Contouse coas intervencións de Andrea Santiso, filóloga e co-coordinadora da Sección de Literatura e toponimia do IEU; Patricia Coucheiro, profesora de filosofía e directora artística, co-coordinadora da Sección de Audiovisuais do IEU; e Xosé Luis Santiso e Francisco Pardo, directivos do IEU. Finalizou o acto coa lectura do poema de Paco Ledo publicado en Cairón.

Dentro do apartado “PATRIMONIO”, Andrea Santiso Arias publica en Cairón nº 8 o artigo titulado “Arredor da toponimia maior do Concello de Antas de Ulla”, e Patricia Coucheiro o artigo “Historias de cultura en Antas de Ulla”.

E  Francisco Pardo, no apartado “O CONFLITO DE ALTRI”, publica o artigo “A paisaxe emocional do Camiño de Santiago na Ulloa”.Francisco Pardo o artigo “A paisaxe emocional do Camiño de Santiago na Ulloa”.

O poeta Paco Ledo publica o poema “A Ulloa berra non”.

Índice de Cairón 8

Máis información

 

Cairón 8, Antas de Ulla, Instituto de Estudos Ulloáns, IEU De De esq. a der.: Xosé Luís Santiso, Andrea Santiso, Pilar García Porto, Francisco Pardo e Patricia Coucheiro

 

Cairón 8, Palas de Rei, IEU

Cairon 8 Antas de ulla web

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn