Presentación en Monterroso do libro de Marco García Vaquero “Ulla, Ulloa, Ulloáns” (24-8-2025)
O domingo 24 de agosto ás 18,30 h foi presentado, no salón de actos do Centro sociocultural de Monterroso, o libro “Ulla, Ulloa, Ulloáns”, editado pola Editorial Medulia e que abrangue17 poemas de poemas do poeta monterrosino residente en Irlanda Marco García Vaquero.
Di Marco que “As abellas fan mel, as persoas facemos historias”. Nos seus poemas fálanos das historias e das paisaxes da Ulloa, do río Ulla, da ameaza da fábrica de pasta de celulosa que afectaría gravemente a toda a cunca do Ulla.
Na presentación interviñeron Xosé Luis Santiso, Jesús Otero Calvo, Esperanza Díaz, Alba García e Francisco Pardo. Contouse coa actuación musical da Escola Infantil de Gaitas de Falcatrueiros.
Entrevista a Marco García Vaquero en El Progreso

De esq. a der.: Jesús Otero, Francisco Pardo, Marco García Vaquero, Esperanza Díaz e Alba García.
Video da lectura de poemas de Marco García Vaquero por parte do poeta Xosé Luis Santiso http://ieu.gal/wp-content/uploads/2025/08/Lectura-poemas-de-Marco-Garcia-Vaquero-Instituto-de-Estudos-Ulloans-2.mp4