“Espazos precarios” exposición de Jean Brundrit (castelo de Pambre 13 set a 8 nov 2025)
O sábado 13 de setembro de 2025 ás 12 h foi inaugurada na sala do castelo de Pambre a exposición da fotógrafa sudafricana Jean Brundrit.
A exposición, que permanecerá aberta ata o 8 de novembro de 2025 foi organizada polo Instituto de Estudos Ulloán e a residencia de artistas de Do Picho (Figueiras, Palas de Rei).
A obra de Jean Brundrit, fotógrafa de Cidade do Cabo (Sudáfrica) céntrase no estudo e a denuncia da contaminación do océano e da fraxilidade da paisaxe e os ecosistemas marinos vulnerables a impactos antrópicos e naturais.
Obras

Jean Brundrit diante da fotografía realizada en Fisterra


De esq. a der.: Francisco Pardo, director do IEU; a fotógrafa Jean Brundrit; Ralf Jürgens, director de Do Picho; e Braulio Vilariño, coordinador de exposicións do IEU. Detrás, coa cámara, o fotógrafo Peter Schneider.











