Flora da Ulloa. Excursión botánica á Vacariza (Palas de Rei), 28/6/2026
O domingo 28 de xuño o biólogo e técnico mediambiental Xurxo Mouriño organiza a 3ª excursión de Flora da Ulloa de 2026 seguindo os afloramentos de serpentina, desta volta pola Vacariza, onde se espera ver tres dos endemismos catalogados ameazados desta área serpentinítica: Santolina melidensis, Leucanthemum gallaecicum e Centaurea gallaecica, entre outras plantas no fin da floración primaveral. Terase ocasión de valorar zonas ameazadas polo proxecto Greenfiber de Altri e filial de Greenalia.




