Inauguración do Parque Central do Centro Xeográfico de Galicia (28/6/2026)

0 domingo 28 de xuño de 2026 foi inaugurado o Parque Central do Centro Xeográfico de Galicia.

A determinación do Centro Xeopráfico de Galicia (coordenadas 42°45’25,15“ norte e 7°54’38,99“ oeste) foi realizada polo Instituto Geológico Nacional (IGN) (GCiencia O Instituto Xeográfico Nacional revela o centro exacto de Galicia), a instancia do Instituto de Estudos Ulloáns (IEU), localizándoo nunha carballeira da aldea de Nugallás, parroquia de San Fiz de Amarante, concello de Antas de UIIa. (https://lugoxornal.gal/a-ulloa/antas-de-ulla/17430-o-quilometro-cero-de-galicia-situase-nunha-carballeira-de-antas-de-ulla/)

Pechábase co rigoroso informe científico e o certificado oficial emitido polo IGN un antigo debate sobre a localización do centro xeográfico de Galicia: o concello de Lalín, baseándose nunha imprecisa valoración do célebre matemático José Rodríguez González, reivindicaba o “Km 0 de Galicia”, termo que rexistrou na Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM); o concello de Chantada, o termo “corazón de Galicia”, que tamén rexistrou na OEPM; e o de Melide o “cerna de Galicia”.

Unha vez determinada a localización exacta do Centro Xeográfico, o IEU solicitou ás Administracións local, provincial e autonómica a súa intervención para a protección do Iugar e proxección dun espazo relevante para Galicia. A única que respondeu foi a Deputación de Lugo, que, por iniciativa da deputada provincial Pilar García Porto, actualmente alcaldesa de Antas de UIIa, decidiu adquirir os terreos limítrofes e construir o Parque Central, un espazo de lecer de 20.000 metros cuadrados ao redor do monólito indicativo do punto exacto do centro xeográfico e da fermosa carballeira.

Programáronse para 2026 numerosas actividades culturais periódicas e puntuais que se desenvolverán tanto nos espazos cubertos edificados como no exterior.

Nova e fotos da inauguración en:

El Progreso (29/6/2026) https://www.elprogreso.es/album/ulloa-melide/apertura-parque-central-galicia-antas-ulla-imagenes/202606290500001981982.amp.html

La Voz de Galicia https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/antas-de-ulla/2026/06/28/antas-ulla-estrena-45000-metros-cuadrados-parque-central-galicia/00031782676016016733580.htm

Ecos da comarca https://www.facebook.com/share/v/18jrZrqXXJ/

Videos en:

Youtube TIC Servicio audiovisuais da Deputación https://share.google/miQ9gIlmUWWACoXwf

X https://x.com/socialistas_gal/status/2071665995748429895

Autoridades invitadas na inauguración do Parque Central do Centro Xeográfico de Galicia. No centro, Carmela López, presidenta da Deputación de Lugo, e Pilar García Porto, alcaldesa de Antas de Ulla.

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn