Flora da Ulloa. Excursión botánica á Costa de Batán-Monte de Basadre (4/10/2026)
O domingo 4 de outubro teremos a 7ª excursión de 2026 do proxecto Flora da Ulloa, guiados polo biólogo e consultor medioambiental Xurxo Mouriño. Percorreremos territorios que pretendía expropiar a Xunta de Galicia para o proxecto de Altri, zonas con afloramentos de serpentinas con enorme valor en termos de biodiversidade. Nesta ocasión exploraremos, nomeadamente, a presenza e abundancia de plantas moi escasas en Galicia, que probablemente deberían estar catalogadas amenazadas e que presentan floración a final de verán e principios de outono.




