Cairón, primeiro número do boletín do IEU

O primeiro número do Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns presentarase na Feira do Libro de Monterroso o próximo día 18 de marzo. O nome da publicación é “Cairón”, en recordo do agasallo que o poeta Lorenzo Varela fai aos combatentes que liberaron París do horror nazi e que se recolle no poema “Ofrenda a los franceses” . Este agasallo foi unha palabra: Cairón, nome do monte ( tamén chamado Careón) que delimitaba a súa comarca.

Ao longo de 2016 foron achegados os artigos que dan contido á publicación e abarcan temas de actualidade, patrimonio, historia, semblanzas de persoeiros e un poema inédito do poeta monterrosino Lorenzo Varela. Este último foi aportado polo profesor da Universidade de Alicante José Angel García Lopez, atopado tras un traballo intenso de investigación da obra do poeta.

Ademáis de artigos sobre as escolas dos indianos, episodios históricos da comarca, arquitectura popular, achados, as verbenas da orquesta Lira, etc, inclue unha reportaxe fotográfica de Patricia Coucheiro entorno a muller na Ulloa.

Colaboran a Deputación de Lugo, subvencionando parcialmente a obra, e os tres concellos da Ulloa (Palas de Rei, Antas de Ulla e Monterroso) mediante a adquisición de 100 exemplares.

Trátase da primeira obra desta natureza que ten como referente territorial a Comarca da Ulloa.

A “Feira do disco e libro galego” está organizada pola Asociación 25 Xastres.

Cartel da Feira

Cartel da Feira

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn