Conferencia de Javier Castroviejo en Palas de Rei (7/8/2025)
o xoves 7 de agosto ás 20,00 h, o biólogo e investigador Javier Castroviejo Bolívar impartiu na Casa da Cultura de Palas de Rei a conferencia “O río Ulla, a paisaxe e os eucaliptos”.
Javier Castroviejo, ex director da Estación Biolóxica de Doñana e Presidente do Consello Internacional de Coordinación MaB (Home e Biosfera) da UNESCO, destaca polas súas investigacións científicas e a defensa da natureza especialmente en España e Iberoamérica.
O acto, organizado polo Instituto de Estudos Ulloáns e a Plataforma Ulloa Viva, foi coordinado polo biologo e técnico mediambiental Xurxo Mouriño, organizador ademais da visita guiada á Ulloa na que participou Castroviejo.
Descargar video da conferencia de Javier Castroviejo: https://youtu.be/toHzIW14Jco?feature=shared
Visita de Javier Castroviejo á Ulloa (Fotos de Juan Silvar): https://www.flickr.com/gp/xanesmelle/C33b86HT4e

Javier Castroviejo (esq.) e Xurxo Mouriño (der.) na visita á Ulloa


