Exposición de Lisa Tognon “Corredores sagrados” no castelo de Pambre (5 maio ao 5 de xullo de 2025)

O domingo 25 de maio ás 16 h foi inaugurada no castelo de Pambre a exposición  da artista quebequesa Lisa Tognon “Corrredores sagrados” organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns e a residencia de artistas palense Do Picho, en colaboración co concello de Palas de Rei.

Lisa Tognon trae á sala de exposicións do castelo de Pambre una serie de pinturas, con diferentes técnicas sobre papel xaponés, inspiradas nos corredores na paisaxe polos que se desprazan os animais salvaxes, a modo de camiño sagrado, coas que a artista denuncia a sobreexplotación da natureza.

Interviñeron no acto Braulio Vilariño, coordinador de exposicións do IEU; a pintora Lisa Tognon; Ralf Jürgens, fundador e xestor da residencia internacional de artistas Do Picho; a escritora canadense Claire Varin, especialista na obra de Clarice Lispector e autora de textos sobre a vida silvestre que publicou con debuxos de Lisa Tognon; e Francisco Pardo, director do IEU, que disertou sobre a obra de Lisa Tognon.

A exposición permanecerá aberta ata o 5 de xullo.

Máis información

Obras

3 Corredores sagrados, Lisa Tognon, Instituto de Estudos Ulloáns, Do Picho, 2025

 

Corredores sagrados, Lisa Tognon, Instituto de Estudos Ulloáns, Do Picho, castelo de Pambre, Palas de Rei

 

IMG-20250516-WA0002

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn