Falecemento de D. Xesús Alonso Montero, socio de honor do IEU (12/2/2026)

O xoves 12 de febrero de 2026 faleceu D. Xesús Alonso Montero, socio de honor do Instituto de Estudos Ulloáns.

Alonso Montero, filólogo e profesor de Lingua dotado dunha extraordinaria erudición e recursos oratorios, exerceu a docencia en Lugo e Vigo, cidades onde deixou una fonda pegada. Mestre de mestres, foi catedrático de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Real Academia Galega. A súa aportación á cultura galega como filólogo, critico literario, sociolingüista, ensaísta, poeta e douto conferenciante por toda a xeografía galega, é continua e relevante dende os anos sesenta do pasado século ata o seu finamento en Vigo aos 97 anos, cunha intensidade e dedicación que o sitúan entre os intelectuais máis destacados da nosa cultura.

Pola a súa afiliación ao Partido Comunista e a súa defensa das liberdades democráticas, foi represaliado na ditadura franquista. A súa primeira visita á comarca da Ulloa foi nos anos sesenta para impartir en Monterroso unha conferencia que finalmente o Goberno Civil non autorizou.

Posteriormente chegou a ser un dos principais promotores, xunto co xornalista Fernando Salgado e o filólogo Gregorio Ferreiro, da reivindicación da obra e da figura do poeta monterrosino Lorenzo Varela, polo que foron contínuas as súas visitas á Ulloa e moitas as homenaxes e celebracións ao redor da figura de Lorenzo Varela que, comezaron no ano 2000 e deron como froito a dedicación ao poeta o Día das Letras Galegas en 2005.

En 2016 promoveu o “Certame literario Lorenzo Varela” que organizaron o IEU e o Concello de Monterroso, que presentaron na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela  Jesús Otero Calvo, alcalde de Monterroso, Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, Francisco Pardo Teijeiro, presidente do IEU, e Fernando Salgado García, xornalista e biógrafo de Lorenzo Varela. Foron membros do xurado tamén  o historiador Carlos Vázquez García e o filólogo Gregorio Fente Ferreiro, experto na obra do poeta. O 6 de decembro entregáronse os premios e ese mesmo día Alonso Montero  nos actos comemorativos, parte deles desenvolvidos no Centro Penitenciario de Monterroso, cárcere que visitou en diferentes ocasións máis tarde, coherentemente co seu compromiso social.

Dende entón colaborou co IEU en diversas actividades, publicando en Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns e participando nas presentacións da revista tanto na Ulloa como en Lugo, nunha das ocasión en O Vello Cárcere.

En Cairón nª 2 publicou  “Xastres (e poetas) dacabalo dun raposo na feira de Monterroso”.

En Cairón nª 3 publicou “Lembranza e gabanza de don Amando Losada

E son de destacar os dous artigos que publcou sobre a revista en La Voz de Galicia:

“Cairón: topónimo antifascista”. Artigo de Xesús Alonso Montero  La Voz de Galicia 12/5/2017

“Un orónimo ilustre: Cairón”Artigo de Xesús Alonso Montero La Voz de Galicia (19/1/2024)

O 13 de maio de 2017 foi nomeado socio honorario do IEU na palleira da Casa de Laxe da aldea de Chorexe, Palas de Rei, lugar onde se fundara o Instituto.

Sirva como lembranza de Alonso Montero o artigo publicado por Gregorio Ferreiro “O oficio de conversar. Xesús Alonso Montero e o faladoiro do café Goya de Vigo” en decembro de 2025

https://doi.org/10.35869/cumieiradasletras.v04.2025.12

e o artigo de Fernando Salgado publicado en La Voz de Galicia o 15 de febrero de 2026 “Dous agasallos de don Xesús”.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2026/02/14/span-langgldous-agasallos-don-xesusspan/00031771097776663370200.htm

Presentación de Cairón en Monterroso

Xuntanza dos membros do tribunal do Certame literario Lorenzo Varela promovido por Alonso Montero en 2016

Entrega dos premios do Certame Literario Lorenzo Varela en Monterroso

Daniel Salgado, director de Cairón; Patricia Arias, da Fundación Otero Pedraio; Xesús Alonso Montero; Francisco Pardo, director do IEU. Presentación de Cairón nº 3 Na IV Feira do Libro de Monterroso, 2019.

Xesús Alonso Montero, Daniel Salgado e Francisco Pardo na presentación de Cairón nº 2 no Vello Cárcere.2018

Francisco Espiño, Bernardino Pardo, Xesús Alonso Montero, Chity Pardo, Daniel Salgado, Francisco Pardo, Ignacio Fonseca e Braulio Vilariño.

Jesús Otero Pereiras, Mª José Gómez Alvite, Eloy Pérez, Xesús Alonso Montero, Gregorio Ferreiro e Francisco Pardo

Xosé Luis Santiso, Fernando Salgado, Xesús Alonso Montero, Gregorio Ferreiro e Francisco Pardo na celebración do 95 aniversario de don Xesús

Socios e socias do IEU con Alonso Montero en 2024 en Monterroso

Ignacio Fonseca, Xesús Alonso Montero e Hilda García Cabanas en A Esmorga en Monterroso

Gregorio Ferreiro, Jesús Otero Calvo, Xesús Alonso Montero, Braulio Vilariño, Dolores Reverter e Hilda García Cabanas na pulpería de Monterroso en 2024.

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn