Festival Atlántica e As Noites das Donas en Vilar de Donas (6 e 7 xullo 2024)

IEU colabora con ATLÁNTICA, Festival Internacional de Narración Oral dirixido por Soledad Felloza que levará, do 1 ao 7 de Xullo, “un mar de contos” por 25 concellos galegos e portugueses..

Na xornada do sábado 6 de xullo, na igrexa románica de San Salvador de Vilar de Donas (Palas de Rei), ás 18,30 h  intervirán a escritora Carme Varela e a historiadora Carola Casal con “800 anos da Igrexa das Giocondas galegas”, e ás 20,30 h o contacontos Celso Sanmartín con “Miñas donas, meus señores, un conto… ou máis”.  (Descargar programa en https://festivalatlantica.gal/programa-adultos/)

Por outra parte, o IEU colabora tamén coa asociación Os Lobos Priorato das Donas e Cabaleiros de Vilar das Donas no espectáculo As Noites das Donas que se celebra todos os anos na igrexa de San Salvador de Vilar de Donas (Palas de Rei). En 2024 terán lugar dúas actuacións, a primeira  o domingo 7 de xullo ás 21 h. co concerto de David Taboada e Sergio Alba “Colección” e a segunda será o sábado 13 de xullo coa concerto de María Pardo, Luz Aguete e Manuel Escariz “Sonámbulum”.

 

IMG-20240628-WA0001

IMG-20240628-WA0002

 

 

 

 

 

IMG-20240627-WA0007

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn