Castelo de Pambre

Redactor
Comentarios desactivados en Castelo de Pambre

castelo_pambre_ieu_web

O castelo de Pambre é unha fortaleza situada álzase a 44 m de altitude nun penedo á beira do río Pambre, na parroquia de Pambre (Palas de Rei).

O castelo é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé trala revolta irmandiña. Atópase en bo estado de conservación. A capela románica contida nas súas murallas é anterior á súa construción e foi durante séculos igrexa parroquial de Pambre baixo a advocación de San Pedro, patrón da parroquia de Pambre.

Hoxe coñecido como “Castelo de Pambre”, tal denominación popularízase en Galicia, máis que debido á súa cualidade de tal, a partir da publicación no ano 1895 da novela O Castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro. Con anterioridade era coñecido como Fortaleza ou Torre de Pambre, e así aparece citada na cartografía e outra documentación dos séculos anteriores. Esta denominación aínda é habitual entre as xentes da Ulloa.

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn