Manifestación na Pobra contra a instalación de Altri en Palas de Rei (22/3/2025)

O sábado 22 de marzo de 2025 membros do Instituto de Estudos Ulloáns participaron, coma moitos veciños e veciñas da Ulloa na manifestación contra a instalación da fábrica de pasta de celulosa en Palas de Rei que tivo lugar na Pobra do Caramiñal, na ría de Arousa, onde máis de 50.000 persoas por terra e 600 embarcacións polo mar berraron ALTRI NON.

Esta é a cuarta manifestación multitudinaria contra a fábrica de pasta de celulosa de Altri (a primeira en Palas de Rei, en maio de 2024, con 20.000 manifestantes; a segunda en Santiago, en San Caetano, en xuño de 2024, con 30.000 manifestantes; a terceira nas rúas de Compostela ata a praza do Obradoiro, en decembro de 2024, con 100.000 manifestantes).

Son máis de 150.000 as persoas participantes en manifestacións contra a instalación da fábrica de pasta de celulosa de Altri en Palas de Rei; 27.000 as alegacións ao proxecto Gama de Altri; e 550.000 as sinaturas contra a instalación de Altri recollidas por Greenpeace.

Foto Elena Fernández, Europa Press

Fotografía: Elena Fernández (Europa Press)

Foto Elena Fernández (Europa Press)

Fotografía: Elena Fernández (Europa Press)

IMG-20250323-WA0003

 

 

 

 

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn