Manifestación contra a fábrica de pasta de celulosa de Altri (Santiago, 30 de xuño de 2024)
O IEU participou como asociación cultural da comarca da Ulloa na manifestación contra a instalación da fábrica de pasta de celulosa de Altri convocada pola Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma e Defensa da Ría de Arousa o día 30 de xuño en Santiago de Compostela.
Na manifestación máis de 30.000 persoas procedentes de moi distintos puntos de Galicia rodearon o Complexo administrativo de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, ao grito de Altri Non!.