O IEU no encontro de asociacións culturais no Museo do Pobo Galego (1/6/2024)
O sábado 1 de xuño o IEU participou na xornada O futuro dun legado. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do Seminario de Estudos Galegos organizada polo Museo do Pobo Galego en San Domingos de Bonaval, e ao que asistiron 30 asociacións culturais de toda Galicia. O IEU estivo representado por Braulio Vilariño e Francisco Pardo.
Con este acto finalizou o programa de celebración dos 100 anos da creación do Seminario de Estudos Galegos, institución da que se considera herdeiro tanto o Museo do Pobo Galego como moitas das asociacións cuturais participantes que traballan na investigación e divulgación de diferentes ámbitos do patrimonio cultural galego, tanto material como inmaterial.
Os representantes de cada asociación integráronse en grupos de traballo nos que e analizaron os problemas e solucións da xestión de proxectos, as relacións entre entre o tecido asociativo, veciñanza e patrimonio, nunha reflexión colectiva centrada en catro eixes: De onde vimos? Onde estamos? Quen somos? Cara onde imos?, cuxos análises e conclusións foron colgados nos paneis expositivos na posta en común final.
Enlace á nova no Museo do Pobo Galego
Mapa da procedencia das asociacións culturais que participaron no encontro.
De esq. a der.: Francisco Pardo, director do IEU; Manuel Villar, director do Museo do Pobo Galego; Braulio Vilariño, directivo do IEU.
Grupos de traballo formados por representantes das asociacións
Intervencións na posta en común dos traballos realizados durante o encontro.

Análises e conclusións dos diferentes grupos de traballo.
F