Presentación do libro de Fernando García Penas “Escenas da vida encuberta” (20/12/2025)
O sábado 20 de decembro de 2025 foi presentado, na sala de exposicións do castelo de Pambre, o libro do escritor e profesor palense Fernando García Penas Escenas da vida encuberta, editado por Alentia Teatro e con ilustracións de Icía García Carregal.
Interviñeron o autor, a filóloga María José Gómez Alvite e Francisco Pardo en representación do Instituto de Estudos Ulloáns. Proxectouse no acto a gravación da representación “Un punto negro con sombreiro”, un dos capítulos de Son de Muller., e foi lida unha das escenas polo autor e a presentadora acompañados por diferentes persoas do público.
Son de muller é un camiño pola memoria da desigualdade, dos redutos onde aínda subsiste, tal vez con formas e palabras novas, ou as de sempre con envoltura actualizada. Desvela que supón na familia e na sociedade nacer muller, enxerga xenuíno na súa condición, esperta caladamente a crítica interior de quen ve e escoita e sinala con dedo verdadero a culpabilidade e a superación de semellante tara.
O libro Escenas da vida encuberta recolle 46 escenas agrupadas en oito apartados: son de muller, soidades, cemiterio de Bonaval, excursión a Xermade, rúa de Francos, Luou, Vilar de donas e O Xirimbao.

Descargar SINOPSE en pdf
http://ieu.gal/wp-content/uploads/2025/12/Sinopse-Escenas-da-vida-encuberta-Fernando-Garcia-Penas-3.pdf





