Presentación do libro de poemas de Sandra Goded “Ahí, conmigo dentro, se para el tiempo” (Antas de Ulla, 26/9/2025)
O venres 26 de setembro de 2025 ás 19,00 h foi presentado na Casa da Cultura de Antas de Ulla o libro de poemas de Sandra Goded “Ahí, conmigo dentro, se para el tiempo”.
Sandra Goded, bióloga, escritora e investigadora, é a fundadora da asociación Quercus Sonora e recoñecida defensora da biodiversidade e o bosque autóctono da Ulloa.
O acto, organizado polo Instituto de Estudos Ulloáns e a asociación Quercus Sonora, foi presentado por Hilda García Cabanas, Sinda Vilameá e Teresa Batán, que xunto coa autora recitaron poemas publicados no libro. Contouse coa intervención musical de María Pardo e Manuel Escariz e do grupo familiar das Cantareiras do Castro.
Video 1 de María Pardo e Manuel Escariz
Video 2 de María Pardo e Manuel Escariz
Video das Cantareiras do Castro

Intervención de Hilda García Cabanas, directiva do IEU e coordinadora do acto

De esq. a der.: Sinda Vilameá, Hilda García Cabanas, Sandra Goded e Teresa Batán

Sandra Goded, escritora e investigadora, fundadora da asociación Quercus Sonora

Actuación das Cantareiras do Castro

Actuación de Manuel Escariz e María Pardo

María Pardo, música, cantante e actriz




