Presentación en Antas de Ulla do libro “Da fidalguía á República”

Presentación Da fidalguía a Republica

No clube de lectores da biblioteca de Antas de Ulla presentouse por primeira vez o libro de Xulio Pardo de Neyra “Da fidalguía á República. Un achegamento histórico aos estratos fidalgo e labrego da Ulloa através das familias Arias-Somoza e Ouro”.

Na presentación o autor estivo acompañado de Pilar García Porto, delegada de cultura da Deputación de Lugo.

As figuras do mítico notario republicano don José Ouro e o seu fillo Roberto, centraron unha pequena e amena charla ao remate do acto.

Como aclara no libro Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo, esta obra publícaa a Deputación por iniciativa do Instituto de Estudos Ulloáns.

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn