Presentación do selo de correos dedicado á igrexa de Vilar de Donas (16/7/2025)

O mércores 16 de xullo foi presentado en Vilar de Donas o selo de correos dedicado á Igreca de San Salvador de Vilar das Donas (Palas de Rei), solicitado pola asociación Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar das Donas “Os Lobos” e o Instituto de Estudos Ulloáns.

Interviñeron no acto José Manuel Pérez Paredes, presidente da asociación cultural “Os Lobos”, Francisco Pardo Teijeiro, presidente do Instituto de Estudios Ulloáns, e Francisco Javier Arias Pérez, director da Oficina Principal de Correos de Lugo.

Contouse coa asistencia de Isabel Rodríguez López, Subdelegada do Goberno en Lugo; Pilar García Porto, deputada e responsable da Área de Réxime Interior, promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo;  Manuel Antonio Fernández Piñeiro, Director Territorial de Cultura, Lingua e  Xuventude da Delegación da Xunta de Galicia en Lugo;  José Antonio Ferreira Varela, Delegado episcopal de Patrimonio Cultural da Diócese de Lugo; Antonio Leira Noche, en representación da Federación Española de Sociedades Filatélicas; e Amando Sange Agra, concelleiro representante do Concello de Palas de Rei.

Os oradores en primeiro lugar e as autoridades asistentes seguidamente, realizaron o primeiro e segundo selado do sobre e selo dedicado á igrexa de San Salvador de Vilar de Donas.

Esta emisión  de selo  pódese adquirir nas oficinas de Correos principais, a través de Correos Market, ou contactando con el Servicio Filatélico en el e-mail atcliente.filatelia@correos.com

Vídeo da presentación (youtube)

https://www.correos.com/sala-prensa/correos-presenta-un-sello-dedicado-a-la-iglesia-de-san-salvador-de-vilar-das-donas/

selo Vilar de Donas

sobre Vilar de Donas

FOTO_Presentacion-sello-Vilar-das-Donas50De esq. a der.: Párroco de Palas de Rei; José Antonio Ferreira Varela; Manuel Antonio Fernández Piñeiro; Isabel Rodríguez López; Francisco Pardo Teijeiro; Francisco Javier Arias Pérez; José Manuel Pérez Paredes; Pilar García Porto; Amando Sange Agra; Antonio Leira Noche

FOTO_MATASELLADO_Presentacion-sello-Vilar-das-Donas50Primeiro selado. De esq. a der.:Francisco Pardo Teijeiro; Francisco Javier Arias Pérez; José Manuel Pérez Paredes

160725 FOTO 1 Presentación do Selo Igrexa de San Salvador de Vilar de DonasSegundo selado. De esq. a der.: Amando Sange Agra; Isabel Rodríguez López; Francisco Javier Arias Pérez; Pilar García Porto; Manuel Antonio Fernández Piñeiro; José Antonio Ferreira Varela

 

 

 

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn