Visita de membros da SGHN e do CSIC á Ulloa (9/3/2025)
Co motivo de celebrar o Día do Naturalismo Galego adicado ao Padre Sarmiento, o domingo 9 de marzo membros da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e do Consello Superior de Investigaciones Cientñificas (CSIC) visitaron a comarca da Ulloa para desenvolver unha xornada de estudo do patrimonio natural, social e cultural dunha zona gravemente afectada polo proxecto da fábrica de pasta de celulosa de Altri en Palas de Rei.
Pola mañá, os científicos da SGHN e do CSIC analizaron e tomaron datos da contorna da Finca de Quintas, lugar especialmente afectado pola instalación da macrofábrica de pasta de celulosa.
Pola tarde, en coordinación co Instituto de Estudos Ulloáns (IEU), visitaron o castelo de Pambre e a súa contorna cun percorrido polas beiras do río Pambre acompañados por membros do IEU e doutros colectivos da comarca, guiados por Francisco Pardo, director do IEU, e por Xurxo Mouriño, biólogo e consultor medioambiental.
Membros da SGHN, do CSIC, do IEU e outros colectivos da Ulloa manifestñandose en Pambre en contra da fábtica de pasta de celulosa de Altri
Intervención de Xurxo Mouriño nas fragas do río Pambre
Intervención de Francisco Pardo na contorna do castelo de Pambre
Intervención de Xurxo Mouriño nas ribeiras do río Pambre.