Visita do grupo Ourense Vivo á Ulloa e Agolada
O sábado 4 de outubro de 2024 membros do grupo Ourense Vivo realizaron unha visita, organizada pola directiva do IEU Hilda García Cabanas, á zona na que a empresa portuguesa Altri pretende instalar unha fábrica de pasta de celulosa.
A primeira hora da mañá o grupo realizou unha visita aos Pendellos de Agolada, guiada polo historiador Manuel Busto. A continuación dirixíronse a zona onde se pretende tomar auga do río Ulla para abastecer á fábrica e onde se producirían os verquidos, e posteriormente visitaron a contorna da finca de Quintas e aos afloramentos de serpentinita onde medran as plantas endémicas ameazadas, guiados polo biólogo Xurxo Mouriño, coordinador da Sección de Medioambiente do IEU.
Pola tarde, o director do IEU, Francisco Pardo, recibiu ao grupo no castelo de Pambre, onde explicou a súa historia e as súas características arquitectónicas. E ao rematar a tarde dirixíronse ao complexo de ecoagroturismo e queixería de Arqueixal, onde foron recibidos por Luis Carreira Valín, que os guiou no percorrido polas instalacións.


