Inauguración da exposición de Álvaro de la Vega “Excéntricas” no castelo de Pambre (22/10/2022)

O sábado 22 de outubro de 2022 foi inaugurada no castelo de Pambre a exposición de Álvaro de la Vega “Excéntricas”, unha mostra de esculturas de diferentes épocas e con soportes e materiais moi diferentes, falamos de ferro, de cerámica, de pedra, e sobre todo de madeira, que nos achegan ao contínuo proceso de creación e investigación do artista lucense.

Interviñeron na inauguración Braulio Vilariño, comisario da exposición; o pintor e escultor Álvaro de la Vega, e Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns. Ao remate estableceuse un interesante coloquio entre o artista e o público asistente, que rematou cun aperitivo ofrecido polo Hotel Balneario Río Pambre.

Máis información

Inauguración de Excentricas, Alvaro de la Vega, castelo de Pambre

De esq. a dereita: Francisco Pardo, director do IEU; o escultor Álvaro de la Vega, e Braulio Vilariño, comisario da exposición

Excentricas, Alvaro de la Vega, castelo de Pambre

Artistas e escritores asistentes á inauguración da exposición

 

Excentricas, exposición Alvaro de la Vega, castelo de Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns, concello de Palas de Rei

 

Diptico Excentricas, Alvaro de la Vega

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn