Recital poético sobre o Pico Sacro (14/12/2019)
O sábado 14 de decembro ás 18,30 h., na igrexa románica de San Xoán de Antas de Ulla, o Instituto de Estudos Ulloáns organizará un recital poético sobre o Pico Sacro no que se presentará o libro “Pico Sacro ferido polo lóstrego e a lenda”.
Presentarán o acto o profesor Jaime Rodríguez Ouro e o escritor e filólogo Xulio Pardo de Neyra. Intervirán no recital poético Xosé Manuel Lobato, coordinador do libro e coautor, Xoán Xosé Fernández Abella, Charo Golmar e Henrique Neira.
1 Comentario Responde
[…] ás 18 h., na Biblioteca Municipal de Antas de Ulla (Casa da Cultura), o IEU organizará un Recital Poético sobre o Pico Sacro no que se presentará o libro “Pico Sacro ferido polo lóstrego e a […]